CAMPAMENTOS INFANTÍS

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas está a organizar campamentos infantís en diversos concellos galegos co fin de concienciar aos máis pequenos sobre o desenvolvemento social, económico e medioambiental. Con esta acción, o departamento que dirixe Agustín Hernández pretende posibilitar a integración, a nivel local, de todas as actuacións que garden relación directa coa consecución dun desenvolvemento local sotible, asumindo distintos compromisos.
 



IMPLANTACIÓN DE CINCO NOVOS NÚCLEOS DE SOSTIBILIDADE

O pasado día 12 de decembro do 2008 publicase no Diario Oficial de Galicia, a resolución pola que se fan publicas as axudas concedidas para a implantación dun núcleo de sostibilidade, en relación a Orde do 11 de xuño de 2008 (DOG. nº 118, do 19 de xuño).

Os beneficiarios da devandita orde foron en orde as súas puntuacións, os concellos de Oza dos Ríos, Cuntis, Ribadeo, O Carballiño e Lalín, cun orzamento total de 1.015.000 euros.

Para mais información pódese consultar o DOG na seguinte dirección:

http://www.xunta.es/Dog/Dog2008.nsf/FichaContenido/507EA?OpenDocument



I ENCONTRO DE NÚCLEOS DE SOSTIBILIDADE

Os Concellos integrantes da iniciativa “Núcleos de Sostibilidade” celebraron o pasado 15 de decembro do 2008 o “ I Encontro de Núcleos de Sostibilidade”. Neste encontro puxéronse en común as experiencias desenvoltas polos sete Núcleos existentes tras dous anos de experiencia no proxecto e expúxose unha valoración do traballo realizado en cada un deles.

Así mesmo os cinco novos Núcleos de Sostibilidade: O Carballiño, Lalín, Oza dos Ríos, Cuntis e Ribadeo e o Cantón de Pimampiro (Ecuador), expuxeron os seus proxectos.

É de destacar a incorporación do Núcleo de Sostibilidade do Cantón de Pimampiro, un municipio rural de 13.000 habitantes situado en Ecuador, como proxecto de cooperación.

A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible fixo un investimento de 3,5 millóns de euros nesta iniciativa para promover o desenvolvemento local sostible con diversos instrumentos como a Axenda 21 Local e escolar, a educación ambiental, a participación cidadá, investimentos no eido ambiental e instrumentos de sostibilidade empresarial.



Voltar