Presentación

O obxectivo deste proxecto a desenvolver inicialmente como experiencia piloto, é posibilitar a integración, a nivel local, de todas as accións susceptibles de ser promovidas ou respaldadas polas administracións municipal e autonómica que garden relación directa coa consecución dun desenvolvemento local sostible, coordinándoas en aplicación dos diversos instrumentos que se poden implementar (Avaliación estratéxica da sostibilidade do Plan Xeral de Ordenación Municipal, Axendas 21 local e escolar, educación ambiental, instrumentos de sostibilidade empresarial, de gobernanza municipal, etc). Para ilo elaboraranse, de forma simultánea e harmonizada, todas estas ferramentas de planificación da sostibilidade, co fin de deseñar un "plan integrado de sostibilidade local", vertebrando actuacións que serán consideradas de carácter prioritario, no só pola Administración local senón tamén polas de orden superior, e que por tanto recibirán o apoio preferente destas para a súa execución posterior. O plan integrado de sostibilidade local será pois o instrumento básico de decisión nas actividades de goberno do concello, onde se sentarán as bases dun proxecto a longo prazo, definindo liñas de acción específicas que coordinen os recursos e esforzos provenientes das distintas Administracións públicas e das diversas áreas de goberno municipal para satisfacer tódalas necesidades comúns, estruturais ou innovadoras. Para adaptar as súas propostas aos cambios e movementos no tempo, de acordo coas condicións políticas, económicas, sociais e tecnolóxicas de desenvolvemento, conterá indicadores de seguimento sobre os resultados, sempre contando coa participación dos axentes sociais e económicos. Os municipios ou entidades locais nos que se leve a cabo esta acción recibirán a denominación de "Núcleos de sostibilidade". Pode descargar o texto completo do proxecto en formato pdf.

AdxuntoTamaño
Nucleos_Sostenibilidade.pdf896.51 KB