Programa de compostaxe caseiro no medio rural, co obxectivo de optimizar os residuos orgánicos que se xeran nestes fogares, minimizando ó mesmo tempo a cantidade de residuos orgánicos xerados no concello. Acordouse coa asociación ADEGA a compra de 20 composteiros para repartir entre os veciños que o soliciten. Ademais da entrega de composteiros, levouse a cabo unha xornada informativa na cal o persoal técnico da asociación desenvolveu charlas informativas para dar a coñecer o sistema de facer compost. As explicacións teóricas acompañáronse de exemplos prácticos.

Actividades 2008