Campaña de sensibilización para promover a recollida selectiva. Os obxectivos, eran concienciar á cidadanía da importancia da minimización dos RSU e da reciclaxe en orixe. A campaña dividiuse en dúas partes; a primeira consistiu nunha exposición sobre datos xerais e locais sobre a recollida dos residuos, e a segunda, nunha dinámica participativa para analizar as causas que dificultan a participación na recollida selectiva. Realizouse unha recompilación das opinións dos veciños, e das achegas e medidas correctoras acordadas para acadar a reducción e reciclaxe dos residuos xerados no Concello. Conseguíronse cambios de actitude e modificación de hábitos, os cales se materializaron no resumo mensual de lixo orgánico e recollida selectiva.

Actividades 2008