Campaña de sensibilización para a redución da bolsa negra. O obxectivo é mellorar a xestión dos RSU mediante a contribución da compostaxe doméstica, diminuír as toneladas mensuais de RSU e obter un compós de calidade que se poida empregar como abono. O programa instaurouse nun total de 60 vivendas. Proporcionáronse os correspondentes cursos de formación para usuarios, acompañados da distribución de material didáctico de apoio e a dotación de composteiros individuais cos que elaborar o abono para utilizar posteriormente en hortas e xardíns. Os técnicos municipais, realizarán diversas visitas de seguimento co fin de avaliar "in situ" o grao de implicación da veciñanza e comprobar o proceso de elaboración de compós, corrixindo prácticas erróneas e solucionando posibles dúbidas.

Actividades 2008