Campamento de verán: “Programa Naturaqua”. O Programa Naturaqua dentro da Rede de Centros ao Aire Libre ten unha oferta de campamentos de verán no concello de Taboada (Lugo). A oferta dirixida a mozos de entre 8 e 18 anos, é un modo alternativo e lúdico de coñecer e respectar o medio ambiente, nunha zona como A Ribeira Sacra que conta cunha paisaxe, e unha riqueza natural e patrimonial de excepcional relevancia. Así mesmo contempla actividades de aventura (sendeirismo, kayak, bananas), talleres (recoñecemento da natureza, improvisación teatral, interpretación ambiental, reciclaxe), visitas (granxa ecolóxica, granxas vacúns, fabrica de queixo, bodegas), deporte (piscina, fútbol, baloncesto, tiro con arco, bádminton) e tempo libre (xogos populares, gymkanas, cine, veladas, festas). O campamento de verán realizouse do 14 ao 17 de xullo de 2008 e nel participaron 8 rapaces do núcleo da Reserva da Biosfera “ Área de Allariz”.

Actividades 2008