Exposición “Un Mundo de Enerxía”. A Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II-Comarca de Pontevedra desenvolveu, en cada un dos concellos integrantes, unha exposición coa finalidade de fomentar o coñecemento e uso eficiente da enerxía. A exposición explica de maneira didáctica o proceso de xeración dos distintos tipos de enerxía (renovables e non renovables), os efectos da contaminación sobre o planeta e achega pautas de conducta para acadar maior aforro enerxético. Expúxose ao público nas seguintes datas:

  • Ponte Caldelas: segunda quincena de xullo.
  • Poio: primeira quincena de agosto.
  • Barro: segunda quincena de outubro.
  • Vilaboa: primeira quincena de novembro.

Actividades 2008