Ecofesta. “Xornada lúdico festiva da Axenda 21 nos Concellos”. O obxectivo da xornada foi a posta en valor da implantación da Axenda 21 nos concellos, celebrouse o 13 de decembro no pavillón de deportes do concello de Vilaboa. Desenvolvéronse varios obradoiros dirixidos aos nenos sobre enerxías renovables, reciclaxe de papel, confección de xoguetes con lixo, conservación da flora e fauna e a pegada ecolóxica, os rapaces contaron tamén con unha zona de hinchables. Para o público xeral presentouse unha mostra-exposición sobre o consumo no ámbito doméstico, habilitouse unha zona para a venda de produtos ecolóxicos e comercio xusto, proxectouse, ao longo de toda a xornada, un audiovisual sobre o Núcleo de Sostiblidade e presentouse unha mostra fotográfica sobre os ríos dos concellos do Núcleo. Para finalizar realizouse un sorteo de agasallos que consistiu en produtos ecolóxicos, reutilizables e de aforro enerxético.

Actividades 2008