Obradoiros de biodiversidade: BÓTATE AO RÍO. Este proxecto pretendeu acadar unha maior sensibilización sobre os problemas ambientais dos ríos. Os obxectivos: coñecemento da flora e da fauna representativa dos ríos galegos, avaliar in situ o impacto ambiental das especies vexetais invasoras e a alteración que producen nos cursos fluviais, mostrar as tarefas de control e o proceso de xeración ecolóxica e desenvolver experiencias e traballos de campo para mellora e conservación dos cursos fluviais. Nos obradoiros entrégase material informativo aos participantes.

Actividades 2008