Proxecto “Desenvolvemento sostible nos ecosistemas fluviais da Comarca de Pontevedra”. O proxecto, que está a desenvolver a ADR Proder II - Comarca de Pontevedra nos concellos de Barro, Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa, ten como obxectivo procurar a conservación da biodiversidade dos ecosistemas fluviais dende a sostibilidade. Con esta finalidade realízanse actuacións ambientais (Inventario e control de especies vexetais exóticas invasoras nos ríos dos concellos de Barro, Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa, adecuación dunha rede de sendeiros sostibles) e actividades de información e sensibilización. Este proxecto foi galardoado cun accésit do I Premio de Sostibilidade Local convocado pola Fundación CONAMA (Congreso Nacional de Medio Ambiente) dentro da categoría de poboacións entre 20.000 e 50.000 habitantes.

Investimentos 2008