Actividades de verán: “Mar de Lira”. O proxecto Mardelira desenvolto pola cofradía de Pescadores de Lira, promove actividades encamiñadas a dar a coñecer os diferentes aspectos da vida mariñeira dentro das diferentes rutas, tratando de que os visitantes afonden no coñecemento do litoral e da biodiversidade, da importancia dunha pesca sostible e do coidade dos ecosistemas da costa. As actividades que se inclúen son: creación de mochilas medioambientais mardelira (laboratorios portátiles para a realización de tarefas de observación do medio mariño), creación de caderniños didácticos para talleres no medio mariño, talleres para rapaces e actividades para adultos. O número de participantes foi de 69 persoas e as visitas foron organizadas os días 16 e 27 de xuño.

Actividades 2008