Xornada: O futuro do desenvolvemento sostible, oportunidades dende os concellos. O obxectivo da xornada foi analizar as oportunidades e desafíos que enfrontan os concellos para acadar un desenvolvemento sostible nos seus ámbitos de actuación. A xornada abordou a temática enfantizando a importancia da implicación social dos diversos axentes na procura de solucións posibles relacionadas co medio ambiente e a sostibilidade. Os destinatarios foron os membros das administracións locais, rexionais e estatais con competencias no sector ambiental, empresas do concello con incidencia ambiental. No programa participou unha empresa do concello (Cedie) que está poñendo en marcha procesos de cambio na súa planificación empresarial relacionados co medio ambiente, o Presidente da Asociación Galega de Pizarristas, o Xefe de planificación e programación da Axencia de Ecoloxía Urbana de Barcelona que falou da Axenda 21 e o Director Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible que falou sobre os Núcleos de Sostibilidade. Clausurou a Xornada a Ministra de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino.

Actividades 2008