Semana Europea da Mobilidade. Desenvolveuse entre o 16 e o 22 de setembro baixo o lema “Aire limpo para todos”. O obxectivo desta actividade foi a concienciación dos cidadáns para a creación de espazos urbáns máis saudables. As iniciativas dirixíronse a centros de ensino e poboación en xeral. Realizáronse distintas actividades (curso de educación vial, circuíto de educación eficiente, rutas en bicicleta, ciclobibliotecas e xogos para os cativos). Puxéronse en marcha sistemas de boas prácticas con aparcadorios para bicicletas é o proxecto “se non bebes conduces” organizado polo departamento de educación viaria da Policía Local.

Actividades 2008