Campaña de consumo responsable “A aposta por frear o cambio climático“. O obxectivo da campaña céntrase no ámbito doméstico (25 familias, 83 persoas), creando modelos de comportamento e de conducta sostible que repercuta de xeito directo e positivo no medio ambiente. Trátase de corrixir certos hábitos diarios que implican un gasto innecesario en enerxía, auga e transporte. A campaña ten a duración dun ano dende xuño de 2008 e estruturase segundo a seguinte programación: formación e capacitación, asesoramento, seguimento e traballo de grupo, avaliación individual e colectiva ao longo do proceso.

Actividades 2008