Exposición “Un Mundo de Enerxía”. Durante a primeira quincena do mes de setembro desenvolveuse no concello de Muros unha exposición coa finalidade de fomentar o coñecemento e uso eficiente da enerxía. A exposición explica de maneira didáctica o proceso de xeración dos distintos tipos de enerxía (renovables e non renovables), os efectos da contaminación sobre o planeta e achega pautas de conducta para acadar maior aforro enerxético.

Actividades 2008