Fin de semana pola sostibilidade. Os días 4 e 5 de xullo tivo lugar a celebración do fin de semana pola sostibilidade. O evento contou cun conxunto de actividades enmarcadas dentro do obxectivo de difusión e divulgación do desenvolvemento sostible. Os actos incluídos abrangueron demostracións lúdicas sobre o uso das enerxías renovables coa Feira do Sol, actuacións de contacontos, concurso de fotografía de temática medioambiental, o recital lírico da soprano Teresa Novoa, o espectáculo Climantropía, o concerto de dous grupos musicais e a emisión das reportaxes “Núcleos de Sostibilidade” e “Cambio Climático: o reto do século XXI”.

Actividades 2008