Campaña de sensibilización e educación para o conxunto da poboación do concello para divulgar as actuacións en materia de eficiencia enerxética que se realizaron cos investimentos do Núcleo de Sostibilidade neste eido.

1. Colocouse unha placa no Pavillón Xosé Lago Esteiro que mostra o funcionamento do Sistema de quentamento de auga mediante placas solares (investimento realizado no ano 2007).

2. No punto limpo colocouse un monolito para mostrar o funcionamento desta instalación de maneira autosuficiente con enerxías renovables e os beneficios de utilizar este tipo de enerxías.

3. Confección dun folleto para divulgar a importancia da auga e concienciar do correcto manexo dos recursos hídricos así como facilitar ideas para conseguir aforro de auga, conseguindo un cambio de aptitude no seu uso. Para a confección deste folleto contouse coa colaboración dos alumnos do instituto As Insuas, un dos centros que está elaborando a Axenda 21 Escolar.

Actividades 2008