Actividade didáctica sobre a contaminación e os residuos. Achegouse a problemática das causas e efectos da contaminación e concienciouse sobre o aforro de enerxía, o manexo correcto de residuos e promoción de hábitos de vida saudables. Mostráronse elementos de aforro enerxético e aparellos que funcionan con enerxías renovables. Experimentouse cun “fumador artificial” co que se avaliou a contaminación provocada por un só cigarro nos pulmóns. Rematouse cunha actividade práctica de realización de xoguetes que funcionan sen baterías.

Actividades 2008