Actividades sobre Marisqueo Sustentable. Problemática. A actividade destinouse a profesionais do marisqueo a pé e a calquera persoa interesada. Un educador ambiental desenvolveu unha charla – coloquio sobre a importancia dos parámetros ambientais para o marisqueo e, en especial, as boas prácticas ambientais a aplicar no devandito sector. Os contidos centráronse sobre a situación ambiental das rías galegas, as fontes da contaminación mariña, os efectos no marisqueo dos diversos tipos de contaminación mariña, a importancia de marismas e esteiros para a calidade das augas e as boas prácticas a aplicar no sector. Participaron 44 persoas que recibiron ao rematar un certificado de asistencia, a documentación sobre os temas abordados e unha pequena lanterna que funciona de maneira manual co logo do Núcleo.

Actividades 2008