Acondicionamento da piscina municipal coa dotación de novos vestiarios para un maior aproveitamento enerxético e o acondicionamento térmico das instalacións. Construíronse uns novos vestiarios localizados dentro do volume de piscinas con cabinas independentes de aseos e cambiadores-ducha. Conserváronse as características arquitectónicas e implantáronse estes novos volumes, suspendidos da plataforma existente, respectando os recorridos e vistas actuais. Fíxose un illamento térmico do vaso de compensación, actualmente aberto, illáronse as canalizacións por onde discorre a auga quente e tapouse o espazo entre vigas, impedindo o transvasamento de calor da zona afectada e do soto na procura de manter a temperatura interior mais alta.

Investimentos 2008