Investimentos e accións de eficiencia enerxética e de mobilidade sostible:

O concello de Allariz levou acabo unha actuación de eficiencia enerxética con substitución de lámpadas. Empregándose lámpadas de vapor de sodio, lámpadas de aforro enerxético, reactancias, luminarias de aforro enerxético,condensadores, fusibles bovinas etc. O obxectivo e a diminución do consumo da enerxía lumínica externa.
 
O concello de Vilar de Santos modificou os cadros eléctricos, instalou reloxos astronómicos, células fotosensibles, instalación de lámpadas de baixo consumo e sistemas de aforro como o de dobre tensión para mellorar a eficiencia enerxética do sistema de iluminación.
 
O concello de A Bola substituíu as lámpadas por outras de baixo consumo de vapor de sodio, de alta eficiencia lumínica, cambiou as luminarias, instaláronse células fotosensibles para mellorar a eficiencia enerxética do sistema de iluminación.
 
O Concello de Rairiz de Veiga fixo unha posta en marcha de modos de mobilidade sostible, coa compra dun vehículo multiservicio eléctrico, tratase dun megaeléctrico de 6 baterías ecolóxicas – silenciosas recargable en toma de 230 v con 100 Km de autonomía. Destinouse ao transporte de mercancías en pequenas distancias e para chegar a lugares de difícil acceso. Esta pensado para dar prioridade ao aspecto ecolóxico, ademais de ser totalmente silencioso.

Investimentos 2007