Campaña Recicla a túa mente. Campaña de educación e sensibilización sobre o reciclaxe que se arrellou a través de varias actividades que se realizaron durante toda a semana e que se dirixiron a distintos públicos.

  • Para o publico en xeral: Tren Toto, o tren da reciclaxe: Punto informativo móbil sobre residuos e a reciclaxe; Xincana de familia. onde se mostrou ás familias a correcta separación dos residuos e a importancia do reciclado para o medio ambiente; I Rastro de Valdeorras onde os cidadáns puideron vender e mercar obxectos de segunda man e Mini olimpíadas onde se tratou de transmitirlles ás nenas e nenos a correcta separación dos residuos e a importancia que ten a reciclaxe.
  • Para a comunidade escolar: Os atrapalixos: actividade para os nenos de quinto de primaria para centrada na reciclaxe; Mesa Redonda para rapaces de 2º da E.S.O que tivo como obxectivo mostrar, mediante o diálogo, a problemática dos residuos e as súas solucións e Visita o punto limpo para coñecer o seu funcionamento, os residuos que se depositan e os produtos que se obteñen co proceso de reciclaxe.
  • Campaña de Boas Prácticas no concello, para que de forma continuada, se deixe constancia do compromiso do concello co medio ambiente: identificación dos residuos que se poden depositar así como os horarios e as normas de funcionamento do Punto Limpo; creación dunha planta de compostaxe para a elaboración de compost a partir da materia orgánica xerada no concello e proxecto de recollida de aceite porta a porta e xestión na planta de reciclado.

Actividades 2007