Semana europea da mobilidade: O Barco de Valdeorras sumouse á Semana Europea da Mobilidade que tivo como obxectivos a promoción de iniciativas e mellores prácticas relativas a mobilidade sostible, contribuír a mellorar os coñecementos dos cidadás sobre os danos que a actual mobilidade urbana provoca sobre o medio ambiente e a calidade de vida das persoas e por en marcha medidas permanentes e formular políticas sostibles. Organizáronse diversas actividades dirixidas aos centros de ensino, a cidadanía e impulsáronse boas prácticas permanentes.

Actividades 2007