Seminarios Axenda 21 Escolar. Realizáronse nos centros educativos de Guitiriz uns seminarios sobre a Axenda 21 Escolar nos que participou o profesorado, os alumnos e membros da Asociación de Pais e Alumnos. Foi desenvolto pola coordinadora da Axenda 21 Escolar do concello de Barcelona e desenvolvéronse co seguinte programa:
 
Publicación dun semanario divulgativo do desenvolvemento sostible e ciclo de charlas por parroquias. Editouse un semanario co obxectivo de divulgar o concepto de desenvolvemento sostible e implicar a poboación na implantación da Axenda 21. O semanario distribuíuse entre os colectivos de poboación interesados en formar parte dos foros da Axenda.
 
Visita á granxa escola. Organizouse unha visita a unha granxa escola “El Kiriko” na que participaron un grupo de nenos acompañados dos pais e avós. A actividade contribúe o coñecemento do medio rural, da natureza e o fomento do sentido crítico do uso dos recursos naturais e a súa preservación. Realizáronse actividade lúdicas con xogos populares, xogos por equipos, percorridos interpretativos por diferentes contornos naturais para coñecer como o medio ecolóxico aproveita os recursos. Finalizouse cun taller onde se realizaron varios xogos relacionados coa actividade desenvolta ao longo da xornada.

Actividades 2007