Seminario de Compostaxe. Realizouse un seminario sobre compostaxe no CEIP de Louro e no IES As Insuas onde se explicou o uso dun composteiro e o proceso de elaboración do compost a partir dos residuos orgánicos xerados en cada centro (restos de merendas, poda, follas). A finalidade da charla foi o fomento do uso de compost como abono orgánico, obtendo deste xeito, un tipo de cultivo máis ecolóxico sen utilización de produtos químicos.A xornada non só se impartiu para os alumnos do centro senón que se fixo de portas abertas para o público en xeral, invitando a participar na mesma a pais e veciños. Para favorecer a realización da actividade e posta en marcha deste proxecto compráronse dous composteiros que se instalaron en ambos centros.

Actividades 2007