I ENCONTRO DE NÚCLEOS DE SOSTIBILIDADE

Os Concellos integrantes da iniciativa “Núcleos de Sostibilidade” celebraron o pasado 15 de decembro do 2008 o “ I Encontro de Núcleos de Sostibilidade”. Neste encontro puxéronse en común as experiencias desenvoltas polos sete Núcleos existentes tras dous anos de experiencia no proxecto e expúxose unha valoración do traballo realizado en cada un deles.

Así mesmo os cinco novos Núcleos de Sostibilidade: O Carballiño, Lalín, Oza dos Ríos, Cuntis e Ribadeo e o Cantón de Pimampiro (Ecuador), expuxeron os seus proxectos.

É de destacar a incorporación do Núcleo de Sostibilidade do Cantón de Pimampiro, un municipio rural de 13.000 habitantes situado en Ecuador, como proxecto de cooperación.

A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible fixo un investimento de 3,5 millóns de euros nesta iniciativa para promover o desenvolvemento local sostible con diversos instrumentos como a Axenda 21 Local e escolar, a educación ambiental, a participación cidadá, investimentos no eido ambiental e instrumentos de sostibilidade empresarial.



Voltar