NÚCLEOS DE SOSTIBILIDADE: A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras está desenvolvendo sete experiencias piloto consistentes na implantación dun Núcleo de Sostibilidade nos municipios de Abegondo, Muros, Guitiriz, O Barco de Valdeorras e Covelo, na Asociación para o Desensvolvemento Sostible do Medio Rural da Reserva da Biosfera “Área de Allariz”, integrada polos municipios de Allariz, A Bola, Vilar de Santos e Rairiz de Veiga e na Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II – Comarca de Pontevedra da que forman parte os concellos de Barro, Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa.
|
O obxectivo deste proxecto piloto é posibilitar a integración, a nivel local, de todas as accións susceptibles de ser promovidas ou respaldadas pola administración municipal e autonómica que garden relación directa coa consecución dun desenvolvemento local sostible coordinándoas en aplicación dos diversos instrumentos que se poden implementar (Avaliación Estratéxica de Sostibilidade do Plan Xeral de Ordenación Municipal, Axendas 21 local e escolar, educación ambiental, instrumentos de sostibilidade empresarial, de gobernanza municipal, etc). Para elo se están a elaborar de forma simultánea e harmonizada todas as ferramentas de planificación da sostibilidade, co fin de deseñar un “plan integrado de sostibilidade local”. |
O plan integrado de sostibilidade local (ou Plan de Acción Local) será o instrumento básico de decisión nas actividades de goberno do concello, onde se sentarán as bases dun proxecto a longo prazo, definindo liñas de acción específicas que coordinen os recursos e esforzos provenientes das distintas administracións públicas e das diversas áreas de goberno municipal. |
Para adaptar as súas propostas aos cambios e movementos no tempo, de acordo coas condicións políticas, económicas, sociais e tecnolóxicas de desenvolvemento, conterá indicadores de seguimento sobre os resultados, sempre contando coa participación dos axentes sociais e económicos. Para conseguir estes obxectivos, unha das actividades que se están a poñer en marcha nos Núcleos de Sostibilidade atópase é a implantación da Axenda 21 Local. |
©2008 Xunta de Galicia, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. San Caetano s/n, C.P. 15707,Santiago de Compostela, A Coruña.Información ambiental: Tlf.: 986-805-026 Fax: 986-805-020 |