Xornadas de profesorado da Axenda 21 escolar de Galicia: Educando pola Sostibilidade nos centros educativos

Informamos a todo o profesorado dos centros educativos de
Galicia da convocatoria e próxima celebración, os días 4 e 5 de xuño de 2010,
das Xornadas de profesorado da Axenda 21 escolar de Galicia “Educando pola
Sostibilidade nos centros educativos”
, un espazo para a  formación, debate
e intercambio sobre as experiencias de innovación educativa desenvolvidas no
marco do programa Axenda 21 escolar de Galicia.

Esta actividade realízase en colaboración da

Xuntanza de secundaria " O alumnado é o protagonista" o 20 de maio en Pontevedra

A xuntanza  "O alumnado e o protagonista" para os centros de secundaria pertencentes á Rede A21EG celebrarase o 20 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Neste encontro, o alumnado que participa no programa A21EG presentará as experincias educativas desenvolvidas ao longo do curso escolar dun xeito interactivo no que fomentarán a participación activa dos compañeiros.

Ver o Programa da Xuntanza de Secundaria. 

Premios Axenda 21 escolar de Galicia 2009-2010

Orde do 12 de abril de 2010 pola que se aproban as bases reguladoras e a convocatoria da III edición dos premios a procesos de implantación ou desenvolvemento da Axenda 21 Escolar de Galicia en centros educativos de ensino público para o curso 2009-2010 (DOG nº73, do 20 de abril)

Guión para a elaboración do Proxecto A21EG 2009/2010

A presente guía pretende servir de axuda para elaborar o proxecto anual para o curso 2009-2010 da Axenda 21 Escolar de Galicia no voso centro. Consta de dúas partes:

A. INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA. Serve para clarificar algúns aspectos da A21EG que deben reflectirse no proxecto: Obxectivos xerais, Eixes temáticos así como os Obxectivos específicos e Ideas principais que deben rexer os distintos tipos de actividades ou tarefas a desenvolver na aula, no centro, no entorno.

Xornada presencial do curso de teleformación A21EG, curso 2009/2010

14/11/2009 - 10:00
Etc/GMT

nformamos que as actividades da fase presencial do curso desenvolveranse  o vindeiro sábado 14 de novembro; segundo o programa que adxuntamos

Lugar de celebración:

Edificio UNED -Polígono Lalín 2000

Parque Empresarial Parcela E. 36500

Aberto o prazo de inscripción no Curso «A Axenda 21 Escolar de Galicia. Curso académico 2009-2010»

Plartega1.JPG

Informamos da convocatoria e próxima celebración do curso de formación permanente do profesorado na modalidade semipresencial, con fases a distancia e presencial "A AXENDA 21 ESCOLAR DE GALICIA. CURSO ACADÉMICO 2009-2010", segundo a documentación que se xunta.

¿Que é?

Triptico A21EG

A Axenda 21 escolar é un programa pensado para facilitar a implicación dos centros educativos na educación para a sostibilidade, coa finalidade de imaxinar e de construír un mundo mellor e máis sostible, comezando pola intervención no noso contorno máis inmediato.  Triptico

Presentación da Axenda 21 escolar de Galicia

Presentación en documento .ppt de 19 páxinas empregado ao inicio do curso 2009/2010

Xa están dispoñibles o novo díptico e tríptico do programa A21EG

Diptico A21EG

O tríptico da Axenda 21 escolar de Galicia é un documento que define a esencia programa e que serve como material de divulgación da A21EG para os centros educativos.

Convocatoria curso 2009/2010 A21EG

mascota A21EG.JPG

Xa está aberta a convocatoria do programa Axenda 21 escolar de Galicia, curso 2009/2010.

Distribuir contido